alimentación

 

Unha das necesidades básicas máis obvias é a alimentación. Na actualidade unha de cada oito persoas pasa fame cada día e o resto da poboación, na maioría dos casos, consume alimentos dos cales descoñece por completo a súa procedencia e que poden pór en perigo a súa saúde.

Non obstante, o planeta si ten capacidade para que todos os seres humanos poidamos cubrir as nosas necesidades nutricionais mediante o consumo de alimentos seguros e saudábeis. Cal é entón o problema?
Para a física e activista Vandana Shiva o problema é que os alimentos son concibidos como unha mercadoría máis do sistema consumista, xa que, se queremos ter todos cubertas as necesidades básicas, estas non deben ser obxecto de mercantilización. Deste modo existe o risco de que as empresas busquen o beneficio económico antes que a calidade dos alimentos e unha produción sostíbel desde o punto de vista ecolóxico. Ademais, tamén se pon en perigo a soberanía alimentaria dos pobos, isto é, a súa facultade para decidiren sobre a produción, a distribución e o consumo de alimentos de acordo con obxectivos de seguridade alimentaria, a cal se pode ver ameazada pola economía de mercado.
 

Para evitarmos estes inconvenientes, é posíbel optarmos por sistemas produtivos ecolóxica e economicamente viábeis, baseados nas calidades inherentes das plantas e dos animais e nas características naturais da paisaxe. Estes sistemas deben fundamentarse na observación dos sistemas naturais e na sabedoría das granxas tradicionais. É a denominada permacultura, que, como o seu nome indica, garante unha agricultura permanente.

Biblioteca online completa sobre permacultura, bioconstrución, agricultura ecolóxica e máis

 
Por suposto, o triunfo deste modelo non depende só dos agricultores, senón tamén dos consumidores, que han de apoialo adquirindo alimentos producidos de acordo con estes preceptos. O problema é que normalmente resulta difícil achar este tipo de produtos, os cales non adoitan ter cabida nos supermercados convencionais nin nas grandes superficies. Co obxectivo de superar esta dificultade xorden os grupos de consumo consciente e responsábel, que suman os esforzos dos seus membros para acadaren unha organización efectiva do propio consumo. No noroeste peninsular existen múltiplos grupos destas características, como Zocamiñoca (A Coruña), Panxea (Santiago de Compostela), Eirado (Santiago de Compostela), A Xoaniña (Ferrol), A Cova da Terra (Lugo), A Gradicela (Pontevedra), Árbore (Vigo) ou Eu Consumo Responsable (Ourense).

A finalidade destes colectivos é encontraren produtos ecolóxicos, frescos, sen químicos, que teñan o menor número de envases e que procedan de lugares próximos na medida do posíbel.

Que é un grupo de consumo responsábel?

Marcial, membro da cooperativa de consumo consciente, Zocamiñoca, cóntanolo en un minuto e medio.

Máis información en http://www.zocaminhoca.org/

 

Ademais, os grupos de consumo responsábel ofrecen garantías da calidade dos produtos que van máis aló dos certificados ou
etiquetas do mercado convencional e incluso facilitan o trato persoal entre produtores e
consumidores. Non obstante, algúns produtos, como o café ou o cacao, han de vir
necesariamente doutras rexións do planeta. Nestes casos o que buscan é un comercio xusto que garanta unhas condicións dignas para os traballadores desoutras rexións e que respecte a súa soberanía alimentaria.

O trato directo co produtor tamén constitúe a idea en que se basea o proxecto Escompring, unha plataforma de venda dixital na cal pequenos empresarios lles venden os seus produtos aos consumidores finais, sen intermediarios que queden coa meirande parte do beneficio. Non obstante, a maneira máis evidente de consumir produtos saudábeis é optar por producilos un mesmo, o cal tamén é posíbel na cidade. Os balcóns ou as terrazas poden albergar pequenas hortas urbanas, sobre todo se se dispoñen de forma vertical con caixas ou táboas, mentres que nas prazas ou parques teñen cabida hortas comunitarias de maior tamaño.

 

 

Outros enlaces de interese

Unha páxina dedicada a pachamama


 
http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=27474387&server=vimeo.com&show_title=0&show_byline=0&show_portrait=0&color=&fullscreen=1&autoplay=0&loop=0
 
La Via Campesina en movimiento… ¡ Por la soberanía alimentaria ! from La Via Campesina on Vimeo.
 
http://www.navdanya.org/

One thought on “alimentación

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*